Máis de 2.000 mortos en Libia polo ciclón Daniel

1 minutes read

As precipitacións superaron os 400 mililitros por hora, unha cifra que non se rexistrou nas últimas catro décadas, segundo o Centro Nacional de Metereoloxía. O membro do Consello Municipal de Derna Ahmed Amdur pediu unha intervención internacional “urxente” para “salvar a cidade”. Máis de 2.000 persoas perderon a vida e 1.200 atópanse desaparecidas como consecuencia do ciclón Daniel, que azouta desde o domingo a zona nororiental de Libia, informou o xefe do Goberno paralelo do leste, Osama Hammad. O afundimento de zonas residenciais e o colapso de edificios e infraestruturas públicas e privadas rematou co peche das rutas terrestres, polo que Amdur reclamou abrir un corredor marítimo para asistir os habitantes.