Máis de 2.000 mortos en Libia polo ciclón Daniel

As precipitacións superaron os 400 mililitros por hora, unha cifra que non se rexistrou nas últimas catro décadas, segundo o Centro Nacional de Metereoloxía. O membro do Consello Municipal de Derna Ahmed Amdur pediu unha intervención internacional «urxente» para «salvar a cidade». Máis de 2.000 persoas perderon a vida e 1.200 atópanse desaparecidas como consecuencia do ciclón Daniel, que azouta desde o domingo a zona nororiental de Libia, informou o xefe do Goberno paralelo do leste, Osama Hammad. O afundimento de zonas residenciais e o colapso de edificios e infraestruturas públicas e privadas rematou co peche das rutas terrestres, polo que Amdur reclamou abrir un corredor marítimo para asistir os habitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha