Máis de 2.200 hectáreas arrasadas polo lume no Barbanza


Segundo Medio Rural, este incendio está perimetrado e segue evolucionando favorablemente cara á súa estabilización. Os medios de extinción seguen traballando e o lume xa leva queimadas máis de 2.200 hectáreas. Este é o único que segue activo neste momento. Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento.