O número de civís mortos polo impacto dun mísil ruso contra un edificio de apartamentos na cidade de Umán, no centro de Ucraína ascendeu polo menos a 23, entre eles catro nenos, tal e como anunciou na súa conta de Telegram o servizo de prensa do Ministerio do Interior ucraíno. Outro mísil ruso impactou na cidade de Dnipró (este), causando a morte dunha muller e do seu fillo de tres anos, denunciou o alcalde desa localidade, Boris Filatov. Trátase do maior ataque ruso en meses contra cidades ucraínas que non están situadas na fronte ou as súas inmediacións. A capital ucraína, Kiev, tamén foi alcanzada por varios mísiles sen que se coñezan polo momento vítimas. O Ministerio de Defensa ruso afirmou que os ataques se dirixiron contra obxectivos militares, a totalidade dos cales foron «alcanzados».
26