Máis de 20 mortos polo ataque ruso con mísiles en Vinnytsia no centro de Ucraína

1 minutes read

Polo menos 21 persoas morreron, unhas 40 desapareceron e máis dun centernar resultaron feridas no ataque con mísiles rusos contra a cidade ucraína de Vinnytsia. Entre as vítimas hai tres nenos. Kiev di que os mísiles foron lanzados desde un submarino que se atopaba no Mar Negro. Vinnytsia atópase no centro do país e ten unha poboación de 370.000 habitantes. Zelenski que interveu na conferencia da Haia dedicada aos crimes de guerra que vive o seu país, instou durante o seu discurso á creación dun tribunal especial. Segundo datos preliminares tres mísiles rusos impactaron nun edifcio de oficinas. As explosións afectaron a complexos oficiais e residenciais próximos. Foron ata catro segundo diversas fontes, provocaron un incendio na zona que se estendeu a unha aparcamento próximo e que calcinou, ata o momento, medio centenar de automóbiles.