Máis de 200 detidos en Rusia por protestar este sábado contra a guerra

1 minutes read

A policía levou a unha vintena de manifestantes que estaban nun parque próximo ao Krenlim en Moscova protestando este sábado contra a guerra en Ucraína. Os que protestan arríscanse a multas e posibles penas de prisión ao saír á rúa. En total producíronse máis de 200 detencións nas manifestacións que se produciron en varias cidades de Rusia. A cifra achégaa a ONG, OVD- info, que supervisa as detencións durante as protestas. Segundo a organización máis de 15.000 persoas foron detidas nas concentracións celebradas en todo o país desde que comezou a invasión rusa de Ucraína. A represión contrasta con outra imaxe que difundiu a televisión estatal «Rossiya 1» e na que se ven decenas de manifestantes con bandeiras e pancartas concentrados para apoiar aos soldados que participan no que Rusia denomina unha operación militar especial. O medio informou de concentracións en Moscova, Vladímir e Kemerovo.