A campaña de reactivación da economía local está aberta a todas as pemes e autónomos que tiveron que paralizar a súa actividade por mor da COVID-19
“Sempre Carballo” é o lema co que arrincará a campaña das tarxetas-bono que se empezarán a distribuír nas vindeiras semanas dende a Concellaría de Promoción Económica, e que responden a un plan de actuación para a reactivación da economía carballesa.
O Concello anima ás empresas a que se adhiran a esta iniciativa, que xa conta con 200 e de diversos sectores, aínda que as maioritarias están relacionadas co comercio e a hostalaría. A condición para participar e que a actividade das pemes ou autónomos estivese paralizada durante o estado de alarma.