Máis de 200 familias do rural de Carballo participan na experiencia da compostaxe

Carballo pode presumir de ser un concello de referencia na xestión dos residuos orgánicos a través deste método natural. Nestes momentos ten distribuídos polo territorio municipal un total de 223 composteiros, na súa maior parte en vivendas do rural, pero tamén os utilizan colectividades como a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), a Asociación Ambiental Senda Nova ou a Escola Municipal de Hostalaría.

A compostaxe fai posible a eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e a que supón maior custe de tratamento, dun xeito natural e outorgando a eses residuos unha segunda vida como abono. Grazas á colaboración veciñal conseguimos eliminar dos colectores verdes máis de 100 toneladas de RSU ao ano, e a cifra vai en aumento.

O sistema ten cada vez máis demanda, e por iso. o concello ven de xestionar con Sogama a adquisición de 50 novos composteiros. As persoas interesadas poden solicitalos presentando no Rexistro Municipal, debidamente cuberto, un simple formulario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha