Máis de 24 millóns de persoas infectadas por Covid-19 en todo o mundo

O planeta camiña cara aos 24 millóns e medio de infectados por coronavirus. En América Latina os casos superan os sete millóns. A pandemia castiga con dureza a Perú onde o sector sanitario está a protestar polas súas condicións de traballo. Colombia tamén rexistra unha repunta dos casos, mentres a súa capital sae do confinamento. Alarma tamén nunha Arxentina confinada, que nos últimos días superou os dez mil casos. Cuba é unha excepción, con menos de cen mortos. Con todo, un maior número de casos neste mes de agosto fixo que o Goberno decretara o toque de queda na Habana a partir das sete da tarde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha