Máis de 25 millóns de contaxiados no mundo por coronavirus

1 minutes read

O número de infectados por covid-19 no mundo xa superou os 25 millóns, seis deles nos Estados Unidos, onde a apertura dos campus empeora a situación. Na universidade de Alabama detectáronse 1.200 casos. A de Dayton tivo que volver a pechar. Os sindicatos culpan o Goberno.

No Reino Unido, que sumou 1.700 casos novos, temen que a apertura das súas universidades supoña novos incremento.

En París o concello vai facer test gratuítos en tres laboratorios fixos e outros dous que percorrerán a capital de Francia, un país que onte contabilizou 5.500 novos contaxios.

En Bogotá volven gozar, pero con distancia. Acaban de saír do confinamento. Mentres, na faixa de Gaza permanece deserta por un novo gromo. A pandemia xa causou 850.000 mortos en todo o planeta.