Máis de 27.600 aspirantes a obter unha praza na Garda Civil

Un total de 27.614 persoas aspiran a conseguir unha das 3.118 prazas ofertadas pola Garda Civil. Este sábado, comezaron as probas de coñecementos teóricos e psicotécnicos en vinte cidades, repartidas en doce comunidades autónomas. O 32% son mulleres e a media de idade sitúase nos 27 anos. Ata o momento, superaron a fase de concurso na que se avaliaron os méritos de cada aspirante que cumpría cos requisitos esixidos: ter unha idade de entre 18 e 40 anos, nacionalidade española, carecer de antecedentes penais e contar como mínimo co título de educación secundaria. Logo do exame teórico deste sábado (coñecementos xerais, idiomas, ortografía, gramática e psicotécnico), deberán facer unha proba física, unha entrevista persoal e un recoñecemento médico. As sedes están situadas en Alacante, Ávila, Baeza, Cáceres, Cádiz, Xixón, Granada, As Palmas de Gran Canaria, León, Logroño, Madrid, Málaga, Mérida, Murcia, Palma de Mallorca, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla, Valencia, Vigo e Zaragoza. Aquelas persoas que obteñan a puntuación suficiente convocaranse ás probas físicas. Despois, terán unha entrevista persoal co obxectivo de avaliar a súa idoneidade psíquica para o posto de traballo ao que optan e, no caso de superala, someteranse a un recoñecemento médico.

Related posts

O Supremo abre xuízo oral ao fiscal xeral do Estado e imponlle unha fianza de 150.000 euros

Pedro Sánchez anuncia nove medidas contra o ‘genocidio en Gaza’

53 persoas feridas nun accidente de autobús en Barcelona