Máis de 4.000 empresas galegas presentaron xa un ERTE

Adolfo Domínguez anunciou que ampliará o ERTE ata os 909 traballadores, o 76% da súa nómina de profesionais da sede central e da súa rede de tendas en España e Portugal.

A compañía de telemárketing Bosch negocia para o seu centro de Vigo un ERTE de seis meses, que afectará 1.300 traballadores.

O Hotel Atlántico da Coruña comunicou aos seus empregados un ERTE por motivos económicos, non por causas de forza maior. Segundo denuncian os traballadores, con esta decisión só cobrarían o 70% do salario.

4.239 empresas galegas presentaron xa un ERTE. Un estudo de Cepyme cifra en máis de dous millóns os afectados por esta modalidade en toda España. Perderanse 300.000 empregos, case a metade en empresas de menos de 50 traballadores. «Cando un baixa á realidade da pequena e mediana empresa española, desas que teñen dous, tres ou quince traballadores, ves que non ten facilidade para montar este tipo de expedientes. Por iso pedimos que fosen practicamente automáticos», explica Gerardo Cuerva, presidente de Cepyme.

Mentres, Inditex só aplicará un ERTE se o estado de alarma se prolonga máis aló do15 de abril.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha