Santiago, especialmente a zona vella, é estes días un fervedoiro de turistas e peregrinos. Comezan ademais as Festas do Apóstolo e a cidade recibe milleiros de visitantes. Para garantir a seguridade de todos, discretamente, case en cada recuncho hai axentes da Policía Nacional. Entre eles, cinco policías procedentes de Italia, Francia e Alemaña. A súa misión, dentro do programa Comisarías Europeas, é facilitar a interacción cos turistas sen a barreira do idioma. O voceiro da comisaría de Santiago, o inspector César Ramos, lembra a importancia de non levar os bolsos ou mochilas ás costas, non deixalos apoiados en cadeiras nos bares e vixialos sempre. Importante tamén tomar precaucións nas reservas dos aloxamentos para evitar calotes e facelo a través de páxinas seguras. É aconsellable non dar información en redes sociais sobre se estamos de vacacións ou en que datas.
13