Máis de 400 detidos en Francia tras as protestas contra a reforma das pensións

0 minutes read

A novena xornada de mobilizacións en Francia, acabou cun saldo de detidos superior ao de xornadas previas. Algúns familiares concentráronse fronte á comisaría do distrito 17 de París e cualificaron as detencións de «arbitrarias e inxustificadas». Os manifestantes, máis de tres millóns de persoas nas rúas de Francia, segundo os sindicatos, din que van continuar a súa loita ata que o Goberno retire esta reforma e convocaron outro gran día de acción o martes. Pero tamén esperamos que continúen máis destas concentracións informais nos próximos días, nas próximas noites, e por tanto máis tensión e máis detencións.