Máis de 46.700 persoas participaron no estudo para estimar a inmunidade da poboación fronte ao COVID-19

Imaxe dunha investigación

  • En total, a previsión é alcanzar a cifra de entre 60.000 e 90.000 participantes

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, manifestou, na súa comparecencia semanal ante a Comisión de Sanidade e Consumo do Congreso, a resposta «exemplar» da cidadanía nesta primeira ondada.

Máis de 46.700 persoas participaron xa no estudo nacional de epidemioloxía ENECovid19 durante a súa primeira semana, cuxa fase de recrutamento finaliza o vindeiro luns 11 de maio. Trátase da primeira das tres ondadas das que consta o estudo. En total, a previsión é alcanzar a cifra de entre 60.000 e 90.000 participantes.

As chamadas telefónicas aos 35.000 fogares de toda España elixidos o azar están a realizarse de forma paralela á toma de mostras dos participantes nos centros de saúde e domicilios.

A finalidade deste estudo, deseñado polo Ministerio de Sanidade e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística (INE) e as comunidades autónomas, é estimar a porcentaxe da poboación española que desenvolveu anticorpos fronte ao novo coronavirus SARSCoV-2 (concepto coñecido como seroprevalencia). A información obtida será de enorme relevancia para a toma de decisións de saúde pública no conxunto do Estado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha