Máis de 500 efectivos forman parte do dispositivo de seguridade do Son do Camiño

1 minutes read

Ata o sábado 164 axentes das forzas e corpos de seguridade -entre eles unha trintena de membros da Policía Autonómica, xunto con Policía Nacional, Garda Civil de tráfico e Policía Local de Santiago- traballarán cada día neste evento de relevancia internacional, ademais de medio cento de voluntarios de Protección Civil, bombeiros de Santiago, servizos sanitarios, medios da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e persoal de seguridade privada. En total, máis de 500 efectivos. Responsables de todos estes servizos integraranse no Posto de Mando Avanzado para coordinar os fluxos de entrada e o cumprimento das medidas seguridade no interior e exterior do evento co obxectivo de previr aglomeracións e actuar ante emerxencias sanitarias ou doutra índole que se poidan producir.