Máis de 500 familias do rural de Carballo participan no programa municipal de compostaxe doméstica

1 minutes read
  • Continúa aberto o prazo de solicitude para o próximo reparto de composteiros

O Concello de Carballo segue apostando pola compostaxe como a fórmula máis axeitada para a xestión da denominada quinta fracción dos residuos, ao tempo que facilita ás familias da zona rural a utilización dun abono de calidade nas hortas domésticas. Nestes momentos, tras a entrega de 150 composteiros realizada a finais do ano pasado, xa hai 542 familias adheridas ao programa.

Pero o Concello quere abarcar máis participantes, polo que segue recollendo solicitudes para un próximo reparto doutros 25. As persoas interesadas só teñen que descargar este impreso e presentalo no Rexistro Municipal.