Máis de 500 nenos e nenas participaron en Carballo no Campionato Provincial de Campo a Través

Cedida.

O Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, disputouse este venres na zona verde do polígono de Bértoa en Carballo. O CEIP A Cristina local foi un dos triunfadores, onde sumou unha vitoria e dous segundos postos: o triunfo de Hugo García na categoría benxamín masculina e as medallas de prata de Tirso Ramos na carreira alevín masculina e do equipo benxamín masculino (formado por Hugo García, Nicolás Lema, Rodrigo Rama e Adrián Bustelo).

Na proba houbo un extraordinario ambiente, onde se deron cita un total de 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia; deles, 19 corredores e corredoras, dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha