Máis de 60 expertos asesorarán ás empresas fronte ao impacto da covid-19


Máis de 60 expertos e consultores especializados súmanse ao equipo técnico para apoiar, asesorar e formar aos autónomos, comercios e empresas galegas. Forman parte do Igape Responde, o programa da Xunta que vén de activar unha liña de asesoramento gratuíto para facilitar a este colectivo a posta en marcha de medidas de acción inmediata. Os expertos ofrecerán asesoramento en diferentes ámbitos: financiamento, negocio, operacións e persoas. No primeiro caso, as empresas poderán replanificar as súas débedas comerciais, buscar financiamento, xestionar cobros e operacións comerciais ou planificar as obrigacións fiscais. Pola súa banda, as medidas para implantar no eido do negocio ofrecen a posibilidade de reconfigurar a oferta comercial, conseguir a promoción en rede ou incluso reorientar o negocio.