42
Máis de 60 inmigrantes morreron ao naufragar en Mauritania a embarcación coa que intentaban chegar ás Canarias, e hai decenas de desaparecidos. Na embarcación ían 175 persoas, incluídas 13 mulleres e unha nena. Segundo contou un dos sobreviventes, saíron de Gambia o 27 de novembro, unha das rutas máis longas. A tripulación perdeuse, a comida acabouse e tamén o combustible. Decidiron navegar ás costas de Mauritania para abastecerse, pero as ondas envorcaron a embarcación e os ocupantes caeron á auga. Os que sabían nadar salváronse e os demáis afogaron.