- Este mércores día 9 de xullo remata o prazo de inscrición no evento.
A proba que volve a estar integrada no XI Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación de A Coruña. A organización espera rondar as 1.000 persoas inscritas e devolver a proba aos números previos á pandemia.
Esta oitava edición reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. As entidades Fundación ENKI, Empujando Sonrisas e Mi Princesa Rett, todas co obxectivo de visibilizar e normalizar a diversidade funcional e potenciar a inclusión, xa confirmaron a súa participación no evento. Gracias á colaboración coa Fundación ENKI, as persoas que necesiten vehículos adaptados poderán solicitalo de forma gratuíta na súa páxina web.
Ao igual que nas anteriores edicións, todos os participantes levarán unha camiseta técnica conmemorativa do evento e gozarán dun amplo abanico de servicios que a organización pon a súa disposición. Gardería para os máis pequenos atendida por monitores especializados, zona de recuperación con avituallamento líquido e froita, servicio de fisioterapia ofrecido por Diego Pérez, piscina con xeo para relaxación muscular, pinchos ao remate e como novidade unha MasterClass gratuita de Salsation.
As inscripcións permanecerán abertas ata este mércores 9 de xullo na web www.carreirasgalegas.com e de forma presencial no Concello da Laracha, Piscina Municipal, Tempo Social & Training Centre e Cultiagro.