Máis de 64.000 persoas xa descargaron o bono activa comercio


O Bono Activa Comercio, deseñado pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Comercio, conta cun orzamento de 10M€ que se reparten en bonos de desconto de 30 euros, dos que se poderán beneficiar ao redor de 330.000 clientes. Preténdese mobilizar 55M€ para dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade de toda Galicia e contribuír, deste xeito, á súa reactivación.

Este bono funciona a través dunha aplicación móbil ofrecendo descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30, así como descontos de 10 euros se son iguais ou superiores a 50 euros. Tanto os establecementos que queiran adherirse –para os que se ten aprobado ampliar o prazo ata o 31 de maio– como os clientes, poden facelo na web bonosactivacomercio.gal.

A iniciativa forma parte do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego que conta con axudas para incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.