19
- Nas redes sociais municipais publicaranse diariamente imaxes de produtos promocionais
Un total de 66 establecementos do concello de Camariñas sumáronse á campaña de reactivación da hostalería e comercio local do municipio. Baixo o lema ‘Merca en Camariñas, consume no teu Concello’, o goberno local busca que os veciños se apoien entre eles para saír adiante neste ano tan malo.
Ata o próximo 4 de xaneiro, nas redes sociais do Concello de Camariñas (Facebook, Twitter e Instagram) expoñeranse diariamente as imaxes ou vídeos que se tomaron dos produtos estrela que quixo promocionar cada comerciante ou hostaleiro xunto ao nome do comercio e o seu contacto (sen prezos).