Máis de 65 negocios participan na campaña de Nadal de Camariñas

Imagen de la pastelería Perla, en Camariñas_Cedida

  • Nas redes sociais municipais publicaranse diariamente imaxes de produtos promocionais

Un total de 66 establecementos do concello de Camariñas sumáronse á campaña de reactivación da hostalería e comercio local do municipio. Baixo o lema ‘Merca en Camariñas, consume no teu Concello’, o goberno local busca que os veciños se apoien entre eles para saír adiante neste ano tan malo.

Ata o próximo 4 de xaneiro, nas redes sociais do Concello de Camariñas (Facebook, Twitter e Instagram) expoñeranse diariamente as imaxes ou vídeos que se tomaron dos produtos estrela que quixo promocionar cada comerciante ou hostaleiro xunto ao nome do comercio e o seu contacto (sen prezos).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha