Máis de 7.000 axentes velarán pola seguridade o 10-N en Galicia

Xa está en marcha en Galicia o operativo de distribución de material para a próxima cita electoral do 10 de novembro. Máis de 120 funcionarios preparan en Galicia toda a documentación para as eleccións xerais. Vanse repartir máis de 26 millóns de papeletas entre as preto de 4.000 mesas que se instalarán nos colexios electorais galegos. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, supervisou este operativo, ao que hai que sumar os efectivos de seguridade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha