Máis de 70 persoas colaboraron nas limpezas de areais en Cabana

0 minutes read

A xornada de limpeza de praias organizada por limpOcean coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños foi todo un éxito dado que nela, un total de 73 persoas voluntarias colaboraron retirando un total de 658 quilogramos de lixo. Desde o Concello agradecen tanto a entidade limpOcean como a todas as persoas asistentes o seu traballo a prol do mantemento e o coidado destes enclaves únicos do esteiro do Anllóns