Máis de 700 persoas asistiron este sábado á XXIV Xuntanza dos Maiores de Cabana de Bergantiños

O polideportivo municipal de Cabana acolleu este sábado 10 de maio a máis de 700 veciños e veciñas maiores de 65 anos con motivo da XXIV Xuntanza dos Maiores. No momento do xantar, reluciu o ambiente ameno e a interacción entre os e as comensais. 

Desde o goberno local expresan o seu agradecemento a todas as persoas asistentes a unha iniciativa nada para facilitar o encontro entre os veciños e as veciñas de maior idade de Cabana.

 «Honrar, respectar e darlle a importancia que as persoas maiores merecen, son as razóns que levan a manter esta xuntaza ano tras ano. A resposta da cidadanía é sempre admirable, e é por iso polo que seguiremos mantendo estes encontros», sinalaban dende o executivo local.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar