Máis de 8.000 persoas gozaron no Coliseum da Coruña dos dez anos de traxectoria de Tanxugueiras

1 minutes read
Concerto de Tanxugueiras no Coliseum da Corruña._Cedida.

Tanxugueiras festexou na noite do pasado sábado na Coruña os seus dez anos de traxectoria. Máis de 8.000 persoas gozaron no Coliseum do novo directo do grupo, no que presentaba o seu último disco O Cuarto. Durante a cita, que supón tamén o arranque da xira, Aida, Olaia e Sabela revisaron temas dos seus anteriores traballos discográficos.

Convidas como as pandeireteiras AdeLina, Baiuca e Lilaina, Caamaño&Ameixeiras, Lagharteiras, María José Llergo, Juancho Marqués e Valeria Castro, ademais dos bailadores Fran Sieira e Artur Puga, compartiron as táboas nunha noite moi especial. Temas como metal mollado, na noite ou ea ea deron paso a éxitos como Ghatinha Mansa, Río Verde, Hoxe mañá e sempre, Pano Corado, Midas ou Terra. Tanxugueiras tamén tivo ocasión de cantar con todo o público Parabéns para ti e de convidar aos produtores dos seus discos (Isaac Palacín, Iago Pico, Pedro Pascual) para interpretar, xuntas, Glasgow.