Máis de 8.700 aspirantes examinaranse para 102 prazas do corpo administrativo xeral

1 minutes read

Máis de 8.700 aspirantes participarán o vindeiro día 2 de xullo nas oposicións para acceder a 102 prazas de emprego público no corpo administrativo (C1) convocadas pola Administración galega.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición.

As relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas poden consultarse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica. A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da resolución que se publica no DOG.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?