Máis de 800 persoas xa están inscritas na VIII Carreira Pedestre de Zas

Un total de 831 corredores e corredoras de diferentes categorías xa están inscritas na VIII Carreira Pedestre de Zas que se celebra este sábado, 3 de xuño, e que está organizada polo Concello a través do seu departamento de Deportes. Agora os inscritos terán que confirmar a súa asistencia.  O lugar de saída e o de chegada estará situado, como vén sendo habitual, na Praza do Concello onde a partir das 15:00 horas abrirán as mesas para a recollida de dorsais. A celebración deste evento deportivo afectará ao tráfico rodado e o Concello de Zas ten preparado un dispositivo formado pola Policía Local e por voluntarios/as de Protección Civil que velarán pola seguridade viaria durante todo o evento. En total haberá seis probas diferentes nas que participarán veciños e veciñas de diferentes idades do municipio e de toda a Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha