Máis de catro mil hectáreas arrasadas polo lume en Galicia


Con datos deste sábado había contabilizados uns 9 incendios forestais activos de máis de 20 hectáreas, dos cales 7 estaban en tres concellos do Courel. En tres lumes en Folgoso do Courel xa se queimaron unhas 1.750 hectáreas, en dous deles continuaba activada a situación 2, de maneira preventiva pola proximidade ás vivendas. A gran maioría dos lumes contabilizados nas últimas horas foron consecuencia do fenómeno meteorolóxico do xoves que orixinou máis de 6.000 raios e da situación de temperaturas extremas. Tamén se continuaba moi pendente dos lumes en Vilariño de Conso e Carballeda de Valdeorras que seguían activos. O incendio de Rodeiro xa se dera por controlado, o de Baiona por extinguido, o de Ribadavia estabilizado, o de Melón controlado e o de Ribadavia permanecía estabilizado.