Máis de cen cabalos deron vida en Vimianzo a Rapa das Vestas

0 minutes read

A cita estivo organizada un ano máis pola Asociación cabalar e cultural Monte Faro, coa colaboración do Concello de Vimianzo. Ao final foron un total de 130 cabalos os que se reuniron o pasado sábado no monte e que baixaron ao campo da Areosa, onde este domingo as cinco cuadrillas de aloitadores e aloitadoras, preparados para a ocasión, loitaron corpo a corpo cos animais salvaxes para raparlles as crines.