Máis de cen estudantes solicitan no Parlamento de Galicia o acceso igualitario á educación

2 minutes read

• Representantes estudantís de once espazos educativos da Comunidade participaron este martes, 6 de xuño, nun pleno dedicado a esixir o cumprimento dos compromisos nacionais e internacionais en materia educativa.
• A iniciativa corresponde ao acto principal da Semana Mundial pola Educación que, en 2023, leva por lema “ A educación transformadora con perspectiva de xénero.

Máis de cen estudantes de diferentes espazos educativos solicitaron este martes, 6 de xuño, no Parlamento galego o compromiso que garanta o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) nº 4, sobre o dereito á educación inclusiva, equitativa e de calidade. A iniciativa corresponde ao acto principal de incidencia da Campaña Mundial pola Educación (CME) – Galicia que, en 2023, leva por lema “A educación transformadora con perspectiva de xénero” e conta coa colaboración de once centros adheridos.

Neste senso, representantes de colexios, institutos, centros de formación, Universidade e espazos de educación non formal tomaron a palabra no hemiciclo para reflexionar sobre as condicións educativas en España e Galicia e para solicitar aos deputados e deputadas a súa colaboración para garantir o acceso igualitario á educación. Para elo requiriron o seu compromiso non só na Comunidade Autónoma, senón tamén en países empobrecidos onde non se garanten os dereitos á educación das persoas, especialmente das nenas.

A voceira da CME Galicia, Mónica Viqueira explicou durante a súa intervención, que “a educación é un dereito que pode cambiar as vidas das persoas, porque rompe co círculo da pobreza, porque reduce as desigualdades e porque proporciona ferramentas para loitar contras as inxustizas da vida.” Apuntou ademais que, malia que en Galicia, o acceso á educación está garantido, “aínda son moitos retos que están por diante para garantir que a ensinanza sexa equitativa e inclusiva.”

Participaron alumnos dos colexios CEIP Labarta Pose (Zas), CEIP Milladoiro (Malpica), CPI Virxe da Cela (Monfero), CEIP Bragade (Oza-Cesuras), CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos), IES Campo de Santo José (Noia), Casas da Xuventude (Oleiros) e da Universidade de Santiago de Compostela. Ademáis, tamén participou da provincia de Lugo o FEC San José (Lugo), da provincia de Ourense o CDR O Viso (Sarreaus) e da provincia de Pontevedra o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?