As entidades que recibirán as achegas este ano son de Santiago, Frades, Ribeira, Zas, Vedra, Culleredo e Boqueixón
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou Zas acompañado pola directiva das entidades as obras promovidas en 2018 pola asociación de veciños A Fonte de Fornelos e pola Comunidade de usuarios para o aproveitamento da auga potable da vila de Zas. No primeiro caso, a asociación recuperou un sendeiro ao longo do río que toma o nome do municipio e a Comunidade mellorou a canalización de auga na rúa e praza da Taberna
Ademáis a Xunta vén de resolver esta mesma semana as axudas deste plan para o ano 2019, que na provincia da Coruña deixarán achegas de algo máis de 100.000 euros, que beneficiarán a 9 entidades asociativas dos municipios de Santiago, Frades, Ribeira, Zas (2), Vedra, Culleredo e Boqueixón (2).
Por
parte das asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais este
plan concede axudas destinadas ao acondicionamento e mellora dos locais
sociais e á compra de novos equipamentos, o que lles permite manter a
actividade que desenvolven, así coma a prestación de novos servizos,
organización de actividades e reparacións de camiños veciñais. As
comunidades de usuarios de augas poden conseguir axudas para a execución
de obras de reparación de traídas veciñais de auga.
As axudas
económicas que se conceden poden acadar a totalidade do investimento
realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a
realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos.
Compre destacar que esta orde, para facilitar a execución das obras
subvencionadas a estas entidades, prevé a realización de pagamentos
anticipado do 100% da contía da subvención concedida.