Máis de medio cento de persoas afectadas polo fume dun incendio nun local en Barcelona


Cincuenta e oito persoas tiveron que recibir asistencia médica, e seis delas foron ingresadas no hospital, a consecuencia do incendio dun baixo na localidade barcelonesa de Sant Adrià de Besòs. O fume xerado polo incendio obrigou os bombeiros a desaloxar unha residencia xeriátrica próxima, aínda que os vinte e un residentes puideron regresar pouco tempo despois. Tanto as 52 persoas atendidas no lugar coma os seis evacuados aos hospitais tiñan problemas leves derivados da inhalación de fume. Os veciños culpan do incendio ás persoas que ocupaban ilegalmente o baixo sinistrado.