Máis de medio millón de ucraínos abandonaron o país

1 minutes read

A guerra en Ucraína desencadeou un movemento de fuxida da poboación que, segundo a ONU, pode levar a catro millóns de persoas a pedir refuxio fora do país para escapar da invasión rusa. Desde o pasado xoves e ata este luns, medio millón de persoas saíu do país, segundo a última cifra do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). A maioría dos expatriados diríxense a Polonia, que xa recibiu a 281.000 persoas, pero decenas de miles cruzaron tamén as fronteiras de Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia. Nacións Unidas estima que hai polo menos outros 100.000 desprazados internos, persoas que abandonaron os seus fogares para escapar dos enfrontamentos, aínda que sen saír do territorio de Ucraína.