Máis de mil escolares participaron no 2022 en visitas guiadas pola arte urbana de Carballo

Cada vez son máis os centros escolares que recorren ao programa de visitas guiadas pola arte urbana que ofrecen dende a área de Turismo do Concello de Carballo. Esta semana recibiron a dous grupos da Laracha e un de Coristanco. No último ano participaron nas rutas un total de 1.036 estudantes de colexios e institutos de Carballo, do resto da Costa da Morte e tamén de distintos puntos da provincia.

Pero as visitas non están dirixidas en exclusiva aos centros educativos, senón a todo tipo de grupos integrados como mínimo por 10 persoas. De feito, cada vez é máis habitual que a ruta pola arte urbana de Carballo forme parte dun agasallo de aniversario ou do programa dun encontro de antigos alumnos, que aproveitan a súa estancia entre nós para coñecer máis polo miúdo os proxectos Derrubando muros con pintura e Rexenera Fest, pero tamén para facer as compras no comercio da vila ou na feira, para xantar ou para tomar algo na hostalaría local.

Organizar unha ruta deste tipo é moi doado. Só tes que cubrir este formulario e poñeranse en contacto contigo para fixar data e hora. E se tes algunha dúbida sempre podes poñerte en contacto con museo@carballo.gal, turismo@carballo.gal ou nos teléfonos 981 70 20 77 e 698 15 64 02.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha