Máis de mil hectáreas calcinadas en Gran Canaria e dous bombeiros feridos


Dous bombeiros resultaron feridos por queimaduras nos labores de extinción do incendio forestal que arrasa o cume da illa desde este sábado. As chamas xa arrasaron máis de mil hectáreas. Ao parecer, o lume débese á imprudencia dun veciño que xa pasou a disposición xudicial. «A orixe foi unha posible imprudencia. A raiz dunha soldadura dunha porta dunha leira, nesta época é un perigo facer este tipo de traballos». Mil persoas tiveron que ser evacuadas e centos tiveron que pasar a noite en albergues.