Máis de mil migrantes chegaron a Canarias a pasada fin de semana

Salvamento Marítimo interceptou ao longo da fin de semana un total de 18 embarcacións irregulares nas que viaxaban máis de 1.000 migrantes rumbo ás Illas Canarias. Só este domingo foron rescatadas 476 persoas que ían a bordo de sete caiucos, un dos cales se atopba á deriva, mentres que outro chegou polos seus propios medios a Forteventura con 53 persoas. Sumadas ás dez barcazas que se rexistraron a véspera, son un total de 1.154 as persoas migrantes chegadas ás illas esta fin de semana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha