Máis de mil mortos tras un terremoto en Afganistan


Un terremoto en Afganistán provocou polo menos mil mortos e máis de 1.500 de feridos. O tremor, de magnitude 5,9 na escala de Richter, rexistrouse no Leste do país, e foi seguido dunha réplica de 4,5. A maioría das vítimas producíronse na provincia de Paktika, pero tamén houbo mortos na provincia de Jost. O epicentro situouse a 10 quilómetros de profundidade e a uns 46 quilómetros da cidade de Jost, preto da fronteira entre Paquistán e Afganistán, segundo a axencia oficial estadounidense GeologicalSurvey. O tremor sentiuse en Cabul, Islamabad e en zonas da India.O goberno dos talibáns puxo en marcha unha operación de rescate para chegar ás aldeas máis remotas, e solicitou asistencia internacional.