Máis de mil persoas na manifestación do 8M en Carballo



Percorrido da manifestación do 8M po la avenida de Fisterra en Carballo.

As rúas de Carballo tinguíronse de cor morada nunha xornada reivindicativa do 8-M pola igualdade real e os dereitos da muller. Unhas mil persoas uníronse á cita na praza dos xulgados a iso das 8 da tarde, desde onde saíron coreando cántigos e expresións reivindicativas, preto de un kilómetro, pola avenida de Fisterra, rúa Fomento, praza de Galicia, rúa Coruña e dirección á praza do Concello, onde á súa chegada se lle deu lectura a varios manifestos a iso das 9 da noite. Pechouse o acto co lema “Mulleres na rúa a loita continúa”.


Corte de vídeo da lectura final de un dos manifestos.