Máis de mil persoas reciben as súas certificacións de profesionalidade

1 minutes read

Un total de 1.304 galegos e galegas acaban de recibir cadanseus certificados de profesionalidade ou de recoñecemento da súa experiencia profesional, ante a imposibilidade de poder celebrar, como é habitual, un acto público de entrega, por mor das restricións sanitarias. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, quixo recoñecer o seu traballo e dirixe a cada un dos destinatarios unha misiva na que fai constar a importancia destas acreditacións que permiten “sacar do anonimato o traballo de miles de mulleres e homes en profesións que esixen dun importante saber e dedicación”. As acreditacións permiten validar de xeito oficial os coñecementos da cidadanía e promocionar a valía das persoas que, a pesar de contar cunha proveitosa vida laboral, non tiñan posibilidade de por en valor o seu exercicio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?