Máis de trinta persoas con amputación pasaron polo servizo de apoio de AGAPA

Pechado por vacacións pero volverá no mes de setembro. Falamos do Servizo de Apoio Dirixido a Promocionar a Autonomía Persoal que desenvolve a Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA), co fin de mellorar a autonomía das persoas amputadas en Galicia.

Este programa de rehabilitación, financiado por Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, que xestiona COCEMFE, atendeu, dende inicios de ano, un total de 32 persoas usuarias, sendo 23 homes e 9 mulleres, todas procedentes dos concellos de Santiago, Teo, Negreira, A Coruña, Sada, Noia, Ourense, O Porriño, Vigo, Sanxenxo, Meaño, Cangas, A Estrada, Lugo, Meira e Ribadeo. Un total de 20 clínicas de fisioterapia especializada en amputacións foron as que trataron as estas persoas.

Estes servizos de fisioterapia axudan á recuperación, mellora da mobilidade e promoción da independencia das persoas amputadas. A través da práctica de exercicios de fortalecemento, adestramento e o uso da prótese, desenvolven técnicas para mellorar o equilibrio e a coordinación. Ademais, reciben apoio emocional para afrontar os cambios físicos e psicolóxicos que afrontan no seu día a día. A fisioterapia é fundamental para maximizar a funcionalidade e a calidade de vida das persoas amputadas, e o apoio aos seus familiares.

O programa realiza unha parada durante o período estival pero volverá a retomarse no mes de setembro.

Related posts

AFAGA entrega os premios do seu XI Certame Literario de Relato Curto ‘Nun Recuncho da Memoria’ 2025

O envorco dun coche en Cerceda deixou unha persoa falecida | Tamén falece outra que caeu por un terraplén na Veiga

Un autobús atropelou a catro persoas cando manobraba nas proximidades dunha discoteca en Pontecesures