Máis do 80% da Laracha conta xa con cobertura de fibra óptica

PIXABAY

Movistar despregou a súa Fibra Óptica ata o Fogar -FTTH- en dous núcleos de poboación da Laracha, o que permitiu que 287 novas unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación. Estas vivendas súmanse ás 252 unidades inmobiliarias xa conectadas á fibra óptica nos últimos meses, o que supón máis do 80% de todas as unidades inmobiliarias da Laracha. Os novos núcleos con cobertura de FTTH son Paiosaco e Feal.

Os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (ordenador, tablet, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de MovistarPlus+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha