0
A dispoñibilidade de sede electrónica nos concellos de Galicia continúa á alza. Nos últimos 4 anos, os municipios con este servizo incrementáronse nun 22,7%. En 2021 a práctica totalidade (97,3%) dos concellos galegos xa dispoñen dunha sede electrónica fronte ao 79,3% do ano 2017. Son datos recollidos no informe bianual “Estatística da administración dixital nos concellos galegos”, que acaba de publicar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que rexistra datos de 2021.