Máis dun centenar de detidos en París nunha nova xornada de disturbios


Os chalecos amarelos lanzaron este sábado un ultimato ao presidente de Francia, Emmanuel Macron, cunha nova manifestación que desde primeira hora da mañá rexistrou altercados e estaba destinada a mostrar que o movemento mantén a súa forza a pesar das promesas gobernamentais. Esta nova xornada de mobilizacións terminou con polo menos 121 detidos, unha cifra considerablemente superior á de xornadas anteriores de protesta e coincide cun incremento da violencia con barricadas, saqueos de comercios de luxo e enfrontamentos coas forzas de seguridade no centro de París. Ademais, informouse de polo menos once feridos leves , incluídos dous policías, debido a un incendio nunha sucursal bancaria da avenida Franklin D. Roosevelt parisiense. “Dúas persoas foron salvadas das chamas, unha muller e o seu bebé, que quedaran atrapados no segundo piso”, explicou o departamento de bombeiros.