Máis dun cento de alumnos gradúanse na 14ª promoción de Policía Local na AGASP

1 minutes read

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou no acto de graduación da 14ª promoción de Policía Local formada na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Rematada a preparación, os 117 alumnos e alumnas que a integran tomaron posesión este martes nos 34 concellos de destino.

Diario Oficial Galicia publicou tamén a convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para a realización dun curso sobre intervención en emerxencias para os concellos con GES. O obxectivo é proporcionarlle ao persoal que participou nos procesos selectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais os coñecementos necesarios sobre os principais riscos e emerxencias aos que se van enfrontar no seu labor.

Deste xeito, os alumnos recibirán formación en primeiros auxilios, actuacións en caso de accidentes de tráfico, extinción de incendios urbanos e industriais e intervención en incendios forestais. A acción formativa realizarase entre os días 1 e 24 de marzo e constará de 70 horas lectivas, con exercicios prácticos e unha proba final, baixo a modalidade semipresencial.

A iniciativa diríxese a todo o persoal que participou nos procesos selectivos dos GES, con prioridade para os dos concellos que contan cun grupo de nova creación e que xa dispoñen dunha sede para el.