Máis dun millón de euros para dotar de novos equipamentos aos Bombeiros da Coruña

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este mércores ao proxecto da ordenanza fiscal reguladora das contribucións especiais para a ampliación do servizo de extinción de incendios, que neste exercicio anual incrementa a súa partida orzamentaria ata 1.196.489,70 euros, con vistas a mellorar os equipamentos do equipo de profesionais do parque municipal de Bombeiros.

Ditas contribucións son recadadas grazas ao tributo asumido polas empresas aseguradoras e en base ao acordo asinado entre o Concello e a Gestora de Conciertos para la Contribución a los Servicios de Extinción de Incendios. A cuantía máxima que se pode financiar con cargo ás contribucións especiais é dun 90 %, de forma que o restante 10 %, como mínimo, pode financiarse polo Concello a través de recursos propios ou préstamos.