- Unha hora antes unha muller de avanzada idade, natural do Val do Dubra, rompeu a cadeira tras unha caída por unhas escaleiras na Rúa Estrela.
- Sen ambulancias dispoñibles e con só dous axentes e unha oficial da Policía Local de servizo, cumpre chamar a atención das autoridades competentes para que tomen cartas no asunto, polo menos en datas presinaladas coma o Nadal.
Un home de mediana idade veciño da propia capital de Bergantiños resultou gravemente ferido na tarde deste martes tras caerse no bar Korner, na céntrica Praza de Galicia en Carballo. Ao parecer o home caeu tras escorregar no chan cando procedía a ir ao baño do local. O infortunio quixo que levase un forte golpe nunha perna, na cabeza e nun hombreiro, polo que a súa situación era crítica e polo tanto de atención urxente. Unha traballadora do bar deu a voz de alarma e de inmediato se personaban no lugar do suceso unha oficial e dous axentes da Policía Local, que se interesaron en primeira instancia polo estado do ferido solicitando unha ambulancia. A asistencia ao prexudicado complicouse, dado que a ambulancia tardou unha hora e dez minutos en chegar ao punto, ante o asombro dos alí presentes.