Máis pendente que nunca, Pablo Casado lanza frechas a Núñez Feijóo


  • O presidente do PP fixo un xesto claro ao da Xunta de Galicia para que tome nota de como vai ser o partido. Non caben disidentes nin aspiracións persoais.

Alberto Núñez Feijóo sí quería suceder a Mariano Rajoy e a este, máis partidario de Soraya que de Casado ata extremos indisimulados, agradáballe a idea. Máis que a de Ana Pastor, tamén citada naqueles tempos de mudanzas, mocións de censura, adeuses e pulsos internos. O que non tiña gana é de pelexa, con ninguén, nin sequera coa ata pouco antes vicepresidenta do Goberno, a sua maior inimiga interna: buscaba unha especie de aclamación ou, todo o máis, un pulso gañador contra un único adversario, reunindo tras de si ao resto de iconas do PP. Soraya contra Feijóo, e todos os demais, especialmente Cospedal, co presidente da Xunta. Pero algo fallou e nin se produciu a aclamación nin se viu con ganas ou forzas de concitar tanto consenso no seu favor: pasoulle un pouco como a Susana Díaz tras a dimisión de Rubalcaba.
Feijóo sentíase o elixido, deu un paso atrás no último momento e, desde entón, vagou coa sensación de que se estaba perdendo algo e de que o mundo, ou o PP, debíanlle algo. Quen era ese Casado para coarse, de súpeto, entre os grandes nomes do partido e aproveitarse do enfrontamento a matar de Soraya e Cospedal para quedar co botín?.

Desde entón, Casado non deixou de crecer, a miúdo a golpes, e Feijóo non deixou de desdibuxarse. De querer deixar a Xunta a non ter máis remedio que volver ser candidato para non quedar fora do mapa político: ese contraste non o dixeriu ben, e nótaselle. A última vez, no peor momento. Mentres, Casado, cansado de tragar, deu un golpe na mesa. A súa contorna cre que o presidente da Xunta está a «queimarse» e ao líder do PP xa non lle preocupan demasiado as antigas familias.

A súa remodelación da Executiva popular é un xesto de poder. E o maior receptor dese xesto foi, precisamente, Núñez Feijóo: o relevaron aos seus, caso de Marta González, destituída como portavoz do partido en favor do recentemente chegado Pablo Montesinos; ou os seus fixéronse casadistas, caso dos galegos Jaime de Olano e Ana Vázquez, fichados para a Executiva.

Que pasará agora?.

O prognóstico, aquí si, é case unánime: Feijóo deberá presentarse o ano que vén ás Autonómicas, ou antes se as adianta polas tensións na esquerda galega, onde ten pouco que gañar e moito que perder. Casado, esta vez, estará máis pendente que nunca.